domingo, 7 de noviembre de 2021

 

Mes europeo da ciberseguridade e encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

 

Dende o ano 2012, a Unión Europea ven celebrando en outubro o Mes Europeo da Ciberseguridade co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Nesta edición abordáronse os problemas de ciberseguridade da dixitalización da sociedade facendo fincapé en dúas temáticas:

 

Ser ciberseguro/a dende a casa: consellos

 

  • Préstelle atención ás configuracións de seguridade e privacidade en redes sociais e aplicacións.
  • Permaneza atento/a á información que comparte, pense nas posibles consecuencias que se poden derivar dela.
  • Se ten dúbidas dunha mensaxe, contacte por outro medio co remitente para confirmar a súa veracidade.
  • Non introduza datos persoais a través de ligazóns recibidas por correo electrónico, redes sociais, SMS, Whatsapp, etc.
  • Non comparta os seus contrasinais con ninguén, elixa contrasinais fortes e únicos para cada servizo.

Primeiros auxilios: como actuar en caso dun ciberataque

 

  • Problemas para iniciar sesión, recepción de mensaxes inesperadas informando de cambios no seu contrasinal ou inicios de sesión dende unha localización inusual poden ser indicativos do compromiso da conta de acceso. Se percibe risco, cambie o seu contrasinal.

 

 

Compartindo obxectivo co Mes Europeo da Ciberseguridade, a Xunta de Galicia, a través do nodo CIBER.gal, celebra o encontro galego de ciberseguridade os días 10 e 11 de novembro na Cidade de Cultura de Galicia.

Focaliza as actividades nos colectivos da cidadanía (pais, nais, estudantes, menores, profesores....), da empresa e da administración.

Acudir ao encontro é gratuíto, e o prazo de inscrición está aberto. Esíxese rexistro tanto para a modalidade online como presencial. Mais información aquí: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/evento-cibergal

Lembre que pode contactar co CAU...

 

                                                                                                                  uac@edu.xunta.gal 

                                                                                                                 ou por teléfono
                                                                                                                UAC - 881 99 77 01

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario